Outros servicios

Se o desexan, pódome encargar de formatea-lo documento (Word, WordPerfect...) e de levar a cabo a maquetación do texto (con escaneado de tablas, figuras...) que vo-lo podo entregar en disquette ou via e-mail (como vostedes desexen). Todos estes servicios relacionados coa Informática pódovos asegurar que están garantidos, xa que teño formación académica dabondo neste ámbito.
Por outra banda, sei que o contido dalgúns textos esixe a maior discreción por parte do traductor, polo que vos aseguro de antemán a maior confidencialidade posible. Se así o desexan podo garantir esta discreción mediante contrato.

Tarifas
A relación calidade-prezo das miñas traduccións non ten competencia no mercado. As traduccións de cara ó Galego ou ó Castelán, dado que son as miñas linguas maternas e require menor esforzo, son as mais económicas. En definitiva, cobrarei en función do número de palabras que conteña o texto unha vez traducido (contadas con Word) ; prezo que poderei negociar en función do volume de traballo e da súa continuidade.
Para máis información non dubiden en escribirme :

migueldp@mixmail.com