Alguns dados

Acabo de remata-lo derradeiro curso de Traducción e Interpretación na Universidade de Pau (Francia) co programa Erasmus, pero fixen o resto dos meus estudios na Universidade de Vigo. Seica non teño aínda moita experiencia no mundo laboral, somentes traballei para algúns particulares e para o Concello de Pau na traducción do sitio web do Palacio Beaumont, pero podo asegurarlles unha grande calidade lingüística nas miñas traduccións, xa que dende o comezo da miña carreira sempre me esforcei por acada-la mellor formación posible. Fixen ademais 2 cursos de especialización de Francés en Niza nas escolas Langueurop e Sprachcaffe, cos que ademais de obter unha boa aprendizaxe da lingua francesa tiven a ocasión de contactar co ámbito turístico da Costa Azul. Co fin de completa-la miña formación asistín o primeiro Congreso Internacional dos estudios de Traducción e Interpretación ("Anovadores de nós, anosadores de vós") que tivo lugar en Vigo en Marzo de 1998. Dous anos despois, en maio do 2000, fixen un curso de ampliación universitaria sobre a traducción no eido institucional (na Xunta de Galicia, no Estado Español e na Unión Europea).